Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Carballo invita aos veciños e veciñas a doar sangue

Carballo invita aos veciños e veciñas a doar sangue
Onte presentouse a campana de sensibilizacion que realizan dende o concello de carballo Onte presentouse a campaña de sensibilizacion que se realiza dende o concello de Carballo Entre hoxe e o sábado, a unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia - CTG - estará na praza do concello de Carballo. Por este motivo, a administración local e a Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue - ADOS, na que está integrada o CTG -queren animar a todos os veciños e veciñas, pero nomeadamente aos máis novos e novas, a que se animen a doar e a axudar coa súa solidariedade a tantas persoas que o necesitan. A demanda de sangue aumenta no verán, especialmente cando, como está ocorrendo este ano, se rexistra un repuntamento no número de accidentes de tráfico. Marisa López - directora de ADOS - explica que a idade media de doantes en Galicia está en 46 anos, unha media que cómpre baixar coa colaboración da mocidade. López quixo agradecer a colaboración do concello carballés, do grupo Calvo e dos tres institutos do municipio, que axudan sempre nas campañas de doazón, e espera que estes días moitos veciños e veciñas e visitantes se acheguen á Unidade Móbil. Así, aínda que Carballo acadou en 2015 un total de 1.433 doazóns e conta con 46 doazóns por cada 1.000 habitantes ao ano -na media recomendada pola Organización Mundial da Saúde (OMS)- López agarda que a veciñanza axude unha vez máis a garantir o labor dos hospitais galegos, que precisan 10.000 doazóns de sangue ao mes. Campaña de sensibilización nas praias Na presentación da campaña tamén estiveron a alcaldesa accidental - Belén Lendoiro - e o responsable de Protección Civil de Carballo, Javier Souto Facal. Este último explicoua que o concello leva varios días colaborando, e continuará facéndoo até o sábado 6 de agosto, cunha campaña informativa nos areais do municipio, non só con megafonía lembrando a presenza da Unidade Móbil, senón tamén co reparto de dípticos e con información específica nos postos de Salvamento e Socorrismo nas praias de Razo, Baldaio e Pedra do Sal. ADOS ten realizado tamén unha campaña específica de buzoneo para informar tamén a todos os doantes rexistrados. O horario da unidade móbil é de 10 a 14 horas e de 16 a 21 horas o xoves e o venres; e de 10 a 15 horas o sábado.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios