Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Carballo lanza un certame de contos para pechar o Ano Xestal

concurso_contos Xestal Carballo
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e a concelleira de Normalización Lingüística, Arquivos e Bibliotecas, Ánxeles Pacoret, presentaron o Certame de contos humorísticos O Xestal na exposición que hai sobre o Xestal no Pazo da Cultura
Carballo lanza un certame de contos para pechar o Ano Xestal

Completo o Ano Xestal que leva desenvolvendo o Concello de Carballo, que ten como cumio final un certame de contos humorísticos con 2.500 euros en premios. Unha cita para poñer en valor a faceta de contador do polifacético artista carballés e o seu compromiso coa lingua galega, “ese compromiso que aparecía en todas as facetas da súa vida” e que coincide plenamente co labor que vén desenvolvendo a Concellaría de Normalización Lingüística ao longo de todo o ano.

Así explicaba a Concelleira de Normalización Lingüística, Arquivos e Bibliotecas, Ánxeles Pacoret, a intención dun certame que tamén vai procura de novos talentos artísticos, e por iso, aínda que está aberto a todas as persoas maiores de 16 anos, vai especialmente enfocado cara a mocidade que trata de facerse un oco no mundo da interpretación humorística. Puxo un exemplo o alcalde Evencio Ferrero. "Do mesmo xeito que no seu día Uxía, sendo moi nova, gañou o festival da canción de Bergantiños, e iso doulle o paso para ser unha excelente profesional da música, este certame tamén sirva para perpetuar durante moitísimos anos a memoria do Xestal. Carlos ben o merece, porque ten que seguir sendo unha realidade entre nós, unha realidade presente”.

En total repartiranse 2.500 euros en premios: 1.200 para o gañador ou gañadora, 800 para o/a segundo/a clasificado/a e 500 para o/a terceiro/a. Poden consultar aquí as bases.
O certame decidirase nunha gala que se celebrará o domingo 17 de decembro, ás 18.30 horas, no auditorio do Pazo da Cultura. O presentador do evento será Xurxo Souto, e ademais contarase coa actuación musical do Colectivo Xestal, que estreará en Carballo unha peza baseada no famoso poema do Xestal O 8 de maio. O xurado estará integrado por catro persoas, representantes do mundo do teatro, do ámbito folclórico, da normalización lingüística e do Concello.

Cartel-concurso-contos-Xestal
Cartel-concurso-contos-Xestal

Comentarios