Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Carballo leva a compostaxe ao Mercado

Mercado Municipal de Carballo
Carballo leva a compostaxe ao Mercado

Este pasado xoves os usuarios do Mercado Municipal de Carballo recibiron información sobre como funciona unha correcta separación dos residuos en orixe. O posto informativo sobre os programas de compostaxe estivo instalado este xoves durante as horas de feira, serviu para que veciños e veciñas recollesen bolsas de compostaxe, funís para o aceite, compost e, sobre todo, para sumarse á iniciativa de compostaxe doméstico que se desenvolve na zona rural.

Xa saben que hai varias posibilidades. “Ti tes a chave” na zona urbana; ou o proxecto compostaxe doméstica na rural, ambos proxectos están abertps de xeito permanente para quen queira adherirse.

Punto Limpo

Explicaba esta semana tamén o Concello o uso do Punto Limpo. No ano pasado chegaron ao Punto Limpo carballés máis de 3.000 electrodomésticos, entre eles 533 televisores.
Estes foron os máis voluminosos ods máis de 100.000 kilos de residuos e obxectos..

As instalacións do Punto Limpo, situadas no polígono industrial de Bértoa, están abertas os xoves e os sábados, de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00 horas; pero tamén pode utilizar o punto limpo móbil, que consiste na recollida semanal dos residuos voluminosos nas illas de colectores previo aviso ao número de teléfono 981 754 917.

Minipuntos limpos

Carballo minipuntos_limpos

Para residuos especiais de pequeno tamaño tamén están dispoñibles tres minipuntos limpos situados nas rúas Perú, Fomento e Vázquez de Parga, nos que se depositaron o ano pasado máis de 30.000 unidades de luminarias de baixo consumo (1.125), CD e DVD (2.700), cartuchos de impresora (1.800), residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (8.000), teléfonos móbiles (840) e pilas e baterías de móbil (24.000). Desde xaneiro deste ano, os minipuntos limpos incorporan un depósito específico para as cápsulas de café, dado o aumento do seu consumo entre a poboación, en lugar do destinado a CD e DVD, que están en desuso.

Comentarios