Carballo levou os seus atractivos turísticos á Mostra de Portugal
A vila portuguesa de Vila Real acollía esta fin de semana A Mostra Turística das Cidades do Eixo Atlántico. E alí estivo o Concello de Carballo, como un dos concellos membros do Eixo Atlántico, organizador da feira, para aproveitar os mellores escaparates para os nosos recursos turísticos, e este é un deles. Expocidades, de feito, naceu como unha microfeira e como un medio para promocionar o turismo de proximidade. Deste xeito, non só se dan a coñecer os destinos no seu mercado máis próximo, senón que tamén é unha oportunidade para establecer unha relación directa entre produtores turísticos e comercializadores.
No stand de Carballo había todo tipo de material relacionado coas nosas fortalezas turísticas máis consolidades, como as augas termais, o surf, a gastronomía ou as feiras, e tamén con outras que empezan a situarnos no mapa internacional, como o festival de arte pública Rexenera Fest ou o festival de contidos dixitais Carballo Interplay.
Fonte
- Concello de Carballo.