Venres. 20.09.2024
El tiempo

Carballo mellora a accesibilidade nas contornas dos colexios San Luís Romero e A Cristina

Carballo mellora a accesibilidade nas contornas dos colexios San Luís Romero e A Cristina
aparcamentos colexios carballo Membros do concello de Carballo mantiveron unha reunión coa directora do CEIP San Luís Romero Á recente construción dun aparcamento no CEIP Gándara-Sofán ou a urbanización do complexo educativo, deportivo e lúdico do Chorís - polo que transitan a diario miles de nenas e nenos - súmaselle agora a mellora da accesibilidade que o goberno municipal de Carballo vai acometer proximamente nas mazás dos colexios A Cristina e Xesús San Luís Romero. Este último está só pendente de adxudicación unha primeira fase do proxecto, que afecta ás rúas Xesús San Luís Romero e Fotógrafo Xosé Vidal. Ademais de mellorar a accesibilidade, nestas dúas vías completarase a urbanización coa instalación dos servizos de abastecemento de auga, saneamento, recollida de augas pluviais, alumeado, electricidade, teléfono, fibra e gas canalizado. O investimento acada os 221.4000 euros. A solución adoptada consiste no acondicionamento de franxas verdes pegadas ao muro de peche do colexio, amplas zonas peonís, aparcamentos e calzada dun só carril, xa que se establecerá a dirección única para priorizar a circulación peonil e garantir a seguridade nun entorno escolar. Na outra marxe da rúa Fotógrafo Xosé Vidal a urbanización completarase cando se desenvolva urbanisticamente ese ámbito. Nunha segunda fase, a actuación centrarase nas rúas Saturnino Cuíñas e Cemiterio Vello, de tal xeito que quedará urbanizado todo o perímetro do centro educativo. Pavillón do San Luís Romero O alcalde - Evencio Ferrero- e o concelleiro de Deporte e Cultura - Marcos Trigo - expuxeron os plans do goberno municipal á directora do CEIP San Luís Romero -Marisa López -. Na reunión participou tamén o arquitecto Fernando Añón, que está traballando na redacción do proxecto do pavillón polideportivo do colexio. Esta obra, que acada os 131.062,58 euros, será financiada integramente con fondos municipais e incluirá o peche da pista, a iluminación, a pintura de vigas e piares e a mellora da accesibilidade dende o propio centro. A directora solicitou tamén unha serie de actuacións complementarias, como a construción de aseos e un almacén, que serán incluídos ou ben no propio proxecto ou como melloras de obra.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios