mércores. 22.10.2025
El tiempo

Carballo, Muxía e Buño dan conta do auxe das cabanas turísticas na comarca

Cabanas Limbo en Malpica
Cabanas Limbo en Malpica
Carballo, Muxía e Buño dan conta do auxe das cabanas turísticas na comarca

As Cabanas Vendabal en Barizo e as Limbo Cabanas en Malpica; Algar e os Nidos en Carnota; As Cabanas Narea de Laxe; As Cabanas Mirador do Ézaro, as Cabanas Air Fervenza, A Quinta de Bouzas e o Refuxio dos Cebreiros en Mazaricos; o Espazo Nature Retreat en Carballo; as Cabanas da Luz de Camariñas; Casa Campelinos en Dumbría; as Cabanas de Canduas en Cabana; as Cabañas de Fisterra; as Cabanas de Lires en Cee; ou as Cabanas da Torre de Laxe.

Son exemplos do auxe das cabanas turística na Costa da Morte. Un turismo que segue aumentando, polo visto tralas últimas aprobacións ambiemtais anunciadas pola Xunta, tanto en Buño, como Carballo e Muxía.

En Buño o promotor do proxecto é Complejo Turístico Nordés S.L.

A comezos de mes, a Xunta daba a luz verde ambiental a outro “campamento turístico de cabanas” de 1 estrela en Lourido, Muxía, promovidas por Cabañas de Muxía SL.. Desta volta serán 6 cabanas de madeira e servizos complementarios, nunha parcela dunha superficie de 16.437 m 2. , sendo a superficie utilizada para a construción das infraestruturas de 5.400 m 2 .

Mapa Cabanas de Artes Carballo
Mapa do proxecto das Cabanas de Artes, Carballo

E onte, a Xunta daba luz verde ambiental condicionado ao proxecto para implantar un campamento de turismo de 3 estrelas na parroquia de Artes, no concello de Carballo, entra Arganosa e Telleira, ao carón do circuito La Base Mortor.
O obxecto do proxecto promovido pola carballesa Freipe Inversión SL e o órgano substantivo é a Axencia Turismo de Galicia, é a instalación dun campamento de turismo nunha parcela de máis de 273.134 m2, dos que 23.050 se destinarán ao desenvolvemento da actividade. O campamento localizarase no centro da parcela e estará composto por 30 cabanas prefabricadas e revestidas de madeira, con capacidade de aloxamento para ata 110 persoas, ademais dunha cabana destinada a recepción, tenda e lavandería.

Neste caso, as actuacións tamén contemplan a retirada da plantación de eucalipto e piñeiro presente na zona de acampada e a súa restitución po caducifolias autóctonas.

Máis novas

Comentarios