Carballo prepara unha fin de semana de Feirón, Berocasión e MercaeDillo
Fin de semana ideal para achegarse pola capital carballesa. O feirón do 5º domingo de mes chega acompañado doutras dúas importantes citas comerciais ás que non podes faltar: o “Merca e Dillo” e a feira Berocasión.
Tanto Berocasión coma o MercaeDillo do CCA cambian de formato nesta edición 2020 e celebraranse dentro dos establecementos participantes.
En canto á feira do automóbil nas súas exposicións atoparemos vehículos de Km.0, seminovos, industriais, mixtos, de ocasión, nacionais, de importación... da man das casas Automóviles Dimolk-Peugeot, Baleato Motor-Renault, Rebalcars, Antamotor-Nissan, Corgal Automóviles-Kia, Vilas Rama-Citröen, V-Car, Automóviles Juan Lema, Bercauto, Breogán Motor-Toyota e JGCar. A feira abrirá de venres a domingo en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.
O Mercadillo do CCA celebrarase tamén do 28 ao 30 de agosto: o venres e o sábado de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 horas, e o domingo, de 10:00 a 14:00, en 31 establecementos: A Fragua, a Fragua Kids, Adamela, Akira, Almacenes San Juán, Alonso Moda, Amai Store, Atelier, Atmósfera Sport, Benetton, Calzados Susa, D&A Complementos, Deportes San Remo, DV Carballo, Ekate, Fanuchas Creadoras de Duzura, L’Italiana, Lencería-mercería Mª José, Meus Antoxos, Miriñaque, Mmmm! Xeados, Moda Suárez, Necos, Perfumería Garrote, Poppy, Retoños, Style, Teirón, Zapatería Esther, Zapatería Isabel e Zocas. En todos atoparás as mellores ofertas do verán, con descontos de ata o 70%.