Martes. 22.09.2020
El tiempo

Feirauto e Berocasión devolven á Costa da Morte á cabeza do vehículo de ocasión

Feirauto e Berocasión devolven á Costa da Morte á cabeza do vehículo de ocasión

Esta fin de semana Baio volverá ser a capital do vehículo de ocasión de Galicia. A nova e especial edición da Feirauto, a nº45 celébrase estes días 7, 8 e 9 de agosto, da man da Asociación do Automóbil de Baio e a Fecom en colaboración coa Deputación da Coruña e o Concello de Zas.

Precisamente as Torres do Allo acollen este 6 de agosto, a presentación da edición nun acto ao que asistirán os representantes dos concesionarios participantes xunto co Alcalde de Zas, Manuel Muíño.

Serán máis de 200 vehículos os que saian á rúa para que poidades atopar o coche que levabas tempo buscando, con importantes descontos e vantaxosas condicións de financiación. Todos os coches están 100% revisados e contan con 12 meses de garantía.
Ademais, seguindo a liña dos últimos anos, haberá sorteos de 300€ en combustible entre todas as persoas que se acheguen a calquera dos establecementos participantes. Cada visitante recibirá unha rifa coa que pode gañar un dos seis vales de 50€ para canxear por combustible na Estación de Servizo Gasóleos Montaña de Baio.

15ª edición da Berocasión

Por Carballo, a zona do Rego da Balsa acollerá do 28 ao 30 de agosto, coincidindo co feirón, a Berocasión, outro gran mercado do vehículo de ocasión. De novo organizada polo Concello, en coordinación con Axober e coas empresas locais de automoción. serán 11 as marcas participantes: Automóviles Dimolk-Peugeot, J. M. Lema, Baleato Motor-Renault, Taller Cinco Carballo, Rebalcars, Vilas Rama-Citroën, V-Car, Chacar, Balsacar, Automóviles Antamotor-Nissan e JGCar.

Como en Baio, haberá de todo: vehículos de Km.0, seminovos, industriais, mixtos, de ocasión, nacionais, de importación...

Novas relacionadas

comentarios