Carballo presentou os orzamentos 2016
Carballo foi un dos 8 concellos costeiros que aprobou os orzamentos 2015 fóra de prazo. Non quere que pase o mesmo este curso, e o grupo de goberno facían a presentación dos Orzamentos Municipais do Concello de Carballo para o ano 2016. O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero e a Concelleira de Facenda e 1ª Tenente de Alcalde, Belén Lendoiro.
Uns orzamentos de 24,4 millóns de euros, un 9% máis que o ano pasado, a pesar de non contar coa coa inxección de fondos FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional) de exercicios anteriores ao estaren rematados varios proxectos. Destaca o grupo municipal que soben os investimentos un 45%, o 22% do total.
O POS levará obras de vías, o PXOM terá a súa partida, así como o Centro Social de Ardaña, a compra de solo no Bosque do Añón emais en Razo, ou a remodelación do Campo das Eiroas a céspede artificial.
O gasto social e de fomento do emprego suma case 11 millóns de euros, mentres en persoal o concello destinará 6,5 millóns, o 26,5% do total.
Novas relacionadas
- Carballo aproba o PXOM tras once anos de tramitación.
- Domingo Guerra: Chegou o momento dos Orzamentos Municipais.