Martes. 14.05.2024
El tiempo

Carballo quere mellorar os índices de reciclaxe por Nadal

Carballo quere mellorar os índices de reciclaxe por Nadal
Matilde Anido da Cruz Vermella Carballo co alcalde e Concelleiro

Campaña educativa en materia medioambiental a que propón Carballo para este Nadal. Vénse de presentar a campaña “Xoga Limpo este Nadal!”, na que colaboran o Concello a través de Carballo Limpo e coa axuda de Urbaser, empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo, e Cruz Vermella.

Unha proposta que incide en tres aspectos ben diferentes pero que están relacionados:

  • En primeiro lugar a través dunha ”vertente solidaria” coa recollida de xoguetes novos ou semi novos por parte de Cruz Vermella para que sexan repartidos entre a xente máis necesitada co obxectivo de que os cativos e cativas de toda a vila teñan "un Nadal o máis feliz posible".
  • En segundo, a través da concienciación para que os veciños e veciñas leven os xoguetes vellos ou rotos -que xa non serven para ser cedidos- ao Punto Limpo situado no Parque Empresarial de Bértoa, xa que, ao non ser lixo, non deben ser depositados nos colectores de rúa.
  • E, por último, coa creación dun dispositivo especial de recollida de cartón, papeis e envoltorios dos agasallos os días posteriores a Nadal e Reis (25 e 26 de decembro; e 7 e 8 de xaneiro) porque nesas datas xérase un maior volume deste tipo de residuos.

Todo coa intención de mellorar os índices de reciclaxes, que andan por un notable.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios