Carballo súmase á recollida de aceites usados coa instalación de 20 colectores
08:10 19/07/18
Os novos colectores antivandálicos están instalados en 20 puntos diferentes das vías públicas do municipio
Carballo vén de subir un chanzo máis no tema da recollida selectiva. Esta semana comezaron a verse nas rúas os primeiros contedores dun novo proxecto de recollida de aceites de cociña usados que está a implantar o concello, a través de Carballo Limpo e a empresa concesionaria do servizo de recollida de residuos. Con este sistema, os colectores, que son antivandálicos, están situados na vía pública, o que permite que poidan ser utilizados os 365 días do ano e as 24 horas do día, facilitando deste xeito a participación da cidadanía. Os anteriores, que se atopaban no interior de distintos edificios públicos, serán eliminados.
Os emprazamentos concretos dos contedores son os seguintes: Razo (fronte ao Cordobés), Pedra do Sal (Noicela), Berdillo (xunto á igrexa), rúa Xosé Manuel Eirís esquina avenida de Bértoa (xunto aos supermercados), avenida do Ambulatorio, rúa
Baixa (zona centro comercial), Álvaro Cunqueiro (fronte á piscina), Perú (esquina rúa Estrela), Coruña (cruce con Desiderio Varela), nas dúas entradas do Mercado Municipal pola Gran Vía e pola praza do Concello, Gran Vía esquina Rosalía de Castro, Vila de Ordes no cruce con Vila de Noia, avenida de Bergantiños esquina Vila de Laxe, avenida da Milagrosa (rotonda), Avenida de Fisterra (zona da ponte de Isabel II), praza da Cruz Vermella, Fórum Carballo e rúa Papoula.
A recollida nos novos colectores vai dirixida aos fogares. As familias deben depositar o aceite de cociña usado en botellas de plástico reutilizadas e pechadas. Para grandes consumidores profesionais, desde o concello de Carballo ofrécese a posibilidade de participar cun sistema de recollida individualizado. As empresas e/ou establecementos de restauración que teñan interese en participar poden poñerse en contacto con Carballo Limpo chamando ao 981 74 917 ou a través da web www.carballolimpo.com.
Novas relacionadas
- Carballo estende o programa de compostaxe a todo o municipio
- Carballo leva o seu programa do vermicompostaxe a Valladolid
- A vermicompostaxe ponse en marcha en Carballo
- Carballo busca 2.000 familias que se unan á recollida selectiva de residuos orgánicos
- Carballo pon en marcha un programa de vermicompostaxe pioneiro en Galicia
- Xaneiro 17: 130 familias de Carballo participan no programa de compostaxe caseira.
- O programa de compostaxe caseira de Carballo dá un paso máis
- Marzo 2016: Carballo reduce 39 toneladas de residuos orgánicos co seu programa de compostaxe.
- A Milagrosa ten a chave da reciclaxe
- Os veciños de Carballo participan nun novo proxecto piloto de reciclaxe
- Carballo Limpo pon en marcha un sistema de fregado das beirarrúas
- Máis composteiros caseiros para un Carballo Limpo
- Por un Carballo Limpo
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Carballo