Carballo tamén ten metro

Bueno, algo esaxerado, pero a proposta deste Metrominuto de Carballo merécese un titular lambón. Non falamos do mapa do novo metro de Carballo, vaia. Trátanse de sinais verticais que indican a distancia aproximada e o tempo, tamén aproximado, que hai entre distintos puntos do casco urbano.
Evidentemente son distancias e tempos de referencia, non exactos, pero serven para contar canto nos pode levar ir dun punto a outro da capital carballesa. O obxectivo é fomentar a mobilidade peonil.

De feito, as primeiras sinais provisionais xa están situados xunto aos colexios Fogar e Bergantiños como complemento do II Foro de Mobilidade e Autonomía Infantil, pero nos vindeiros días instalaranse máis de vinte en distintos espazos públicos do casco urbano.

Novas relacionadas

Fonte