Venres. 19.04.2024
El tiempo

Carballo tamén peatonaliza a Rúa Colón

Carballo tamén peatonaliza a Rúa Colón
Asi quedaria a Rua Colon de Carballo trala peatonalizacion

Peatonalizar para dar vida ao centro, devolverlle as rúas aos peóns e recuperar a actividade comercial. Idea clara para o Concello de Carballo, empeñado en dar leccións de boas praxis de humanización urbanística.

Parece que gustou no pleno a proposta de reurbanización da rúa Colón. O obxectivo da transformación das rúas do centro, como xa acontecera coas Coruña, Hórreo e parte da Desiderio Varela, e agora máis recentemente coa Valle Inclán, é o de "favorecer a actividade comercial", "dignificar a contorna da Praza do Concello" e "reforzar un espazo con grande intensidade de uso".

Prazas de aparcamento

Soe ser un dos argumentos máis manidos contrarios ás peatonalizacións. E fectivamente o proxecto suporía a eliminación das prazas de aparcamento, a eliminación das beirarrúas e das varandas que separan a Praza da vía e a creación dunha ampla zona de carga e descarga para facilitar o labor dos comerciantes nos días de feira e mercado. Manteríanse as árbores e gañaríase espazo para a Praza do Concello, pero o concello xa busca alternativas para reubicar as prazas de aparcamento.

Carballo conta na actualidade con 9.000 prazas de aparcadoiros en solo público e con outras 2.000 en solares privados cedidos para espazo de estacionamento. Hai que engadir as prazas de parking do Centro Comercial Bergantiños, un total de 227. Aínda son abondas, pero a idea é que o Concello "defende este modelo peonil para transformar o centro da vila".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios