Sábado. 20.04.2024
El tiempo

As rúas de Carballo cambian coches por nenos

As rúas de Carballo cambian coches por nenos
Ao cole no Pedibus-Foto-Xose Regueira

Nacía en Italia da man do pedagogo Tonucci. Outros concellos do país xa o puxeron en marcha como Pontevedra. E por aquí, é o Concello de Carballo o que se está atrevendo a poñer en marcha o Pedibús. Unha iniciativa que vai máis alá de que os cativos vaian sós á escola, de que fomentar a súa independiencia e autonomía, ou de incrementar a conciliación entre vida laboral e familiar dos pais. Unha iniciativa que trata de humanizar as rúas, na mesma liña que o proxecto "Pintamos moito".

A idea está clara, que as rúas teñen menos coches e máis nenos. I é que anteriormente, ás horas de chegada e recollida as entradas dos colexios estaban ateigados de coches, e agora, só de cativos.

Son moitas as cousas positivas que crea esta proposta. Ao mesmo tempo que van que van a pé ao cole, tamén fomentan os vínculos e as relacións sociais entre eles e o seu coñecemento e relación co entorno. Hai coles, noutras partes de España que mesmo idean actividades para poñer en práctica os coñecementos que imparten no cole ao logo do traxecto do camiño escolar. Así mesmo, fomenta o respecto ao medio ambiente e ao entorno, e evita os atascos e a contaminación.

O método é ben sinxelo. Os nenos agrúpanse en 4 ou 5 zonas. O primeiro grupo, o que está máis lonxe do centro, nestes primeiros días coa compaña dos pais, arrinca e vai recollendo cativos polo camiño, coma se dun bus se tratase. En fila de a dous e sempre polas beirarrúas, os nenos van achegándose ao destino final, a escola.
Nestes primeiros tempos de andaina, a Policía Local e Protección Civil controlan os cruces, e os locais están todos apoiando a iniciativa abrindo as súas portas por se fai falta usar o baño ou que faga falta.

Cativos do Pedibus-Foto-Turismo Carballo

Un proceso participativo

Xa van varios meses de traballo, e mesmo anos, sobre o Pedibús. Aló por abril de 2013 tiña lugar un foro informativo para as ANPAs e profesorado, para presentar a idea. O primeiro "Foro sobre o Camiño Escolar", coordinado polo concelleiro Xosé Regueira tivo unha resposta tremendamente positiva por parte dos pais e mestres, e deu paso a seguir adiante.
A iniciativa como tal comezaba co comezo de curso, en setemnbro. Daquela eran só os cativos do Colexio Fogar os que o puxeron en marcha, comezando por 10 cativos que en pouco tempo xa eran 30epico.
Agora hai máis nenos e nenas participando, pois ademais do CEIP Fogar tamén está desenvolvendo a iniciativa o CEIP Bergantiños.

Neste momento, estase a elaborar un tríptico no concello con información sobre o Pedibús. Así que estaremos atentos para expandir esta fermosa iniciativa.

Na TVG

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios