Carballo tamén ten metro


Bueno, algo esaxerado, pero a proposta deste Metrominuto de Carballo merécese un titular lambón. Non falamos do mapa do novo metro de Carballo, vaia. Trátanse de sinais verticais que indican a distancia aproximada e o tempo, tamén aproximado, que hai entre distintos puntos do casco urbano.
Evidentemente son distancias e tempos de referencia, non exactos, pero serven para contar canto nos pode levar ir dun punto a outro da capital carballesa. O obxectivo é fomentar a mobilidade peonil.
De feito, as primeiras sinais provisionais xa están situados xunto aos colexios Fogar e Bergantiños como complemento do II Foro de Mobilidade e Autonomía Infantil, pero nos vindeiros días instalaranse máis de vinte en distintos espazos públicos do casco urbano.
Novas relacionadas
- #ForoMobilidade: De Autonomía infantil, seguridade para o peón, aparcamento e multas da vergoña.
- #ForoMobilidade: Carballo repensa o seu modelo de cidade.
- O Plan Director do centro de Carballo prantexa a creación dun aparcadoiro subterráneo.
- Graffitis que humanizan Carballo.
- Pintando muros para derribar barreiras.
- Rutas en bici para coñecer Carballo.
- Carballo tamén peatonaliza a Rúa Colón.
- As rúas de Carballo cambian coches por nenos.