Carballo únese á iniciativa Slowlight

Carballo únese á rede Slowlight co obxectivo de mentalizar á sociedade sobre a importancia dun uso responsable da iluminación artificial. Unha iniciativa moi interesante que casa perfectamente co nposicionamento comarcal como Destino Starlight.
Así, co gallo do Día Internacional da Luz (celébrase 16 de maio), a capital de Bergantiños acolle un dos paseos nocturnos que organiza en Galicia a Asociación Slowlihgt Neste, coa colaboración da empresa Energal e o Concello de Carballo.
A do mércores 14 de maio será un xeito de descubrir os dealles da paisaxe nocturna da vila. A saída ás 21.30 horas da Praza do Concello para realizar unha ruta de 2,5 quilómetros, aproximadamente, e unha duración de hora e media.
Podes inscribirte en notificaciones@grupoenergal.com.