mércores. 04.12.2024
El tiempo

Carlos Alonso, Xograr de Outono desta singular edición do #FIOTenpausa 2020

Carlos Alonso Xograr Outono do FIOT 2020
Carlos Alonso, Xograr de Outono desta singular edición do #FIOTenpausa 2020

Non falta nesta singular edición do Festival Internacional de Outono de Teatro de Carballo #FIOTenpausa, o nomeamento honorífico que pretende salientar "o labor dunha persoa ou entidade que, pola súa traxectoria, destaca na promoción e desenvolvemento do teatro en Galicia." O Xograr de Outono busca este curso "poñer en valor o oficio teatral e o traballo desas figuras menos visibles, pero imprescindibles para a escena".

De aí que a organización recoñeza con este galardón a Carlos Alonso, artista multidisplinar e traballador incansable da escena galega. "Logo de máis de 40 anos de traxectoria como escenógrafo, figurinista e deseñador de vestiario, Alonso participou en máis de cen espectáculos profesionais, tanto en compañías independentes coma no Centro Dramático Galego, e conta cun total de 11 Premios María Casares na modalidade de escenografía e vestiario."

“É un recoñecemento xusto. A achega de Carlos Alonso ao noso teatro é incalculable”, apunta Alberto Sueiro, director do FIOT en pausa. Pola súa banda, Alonso salienta que "é unha honra recibir este galardón do FIOT e agradezo o apoio das compañeiras e compañeiros que conforman un grupo que é parte da nosa historia, a historia do teatro galego”, sinala o escenógrafo.

A anterior Xograresa, Patricia De Lorenzo, será a responsable de facer entrega do galardón. O acto terá lugar unha vez finalice a representación de Curva España no marco do FIOT en pausa (sábado 10 a partir das 20.30 horas).

Presentación do FIOT Fónico

Unha das citas máis importantes deste curso é a presentación, este venres, 9 de outubro, como punto de partida, da innovadora e propia aposta polos novos formatos.  O primeiro FIOT Fónico  será A lúa, válvula de spray, unha dramaturxia da artista carballesa Rosalía Fernández Rial que dirixe Quico Cadaval, con Melania Cruz, María Roja e o malpicán Santi Romay no elenco.

Novas relacionadas

 Galardóns anteriores do FIOT

Comentarios