Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Casino 1889 non para: de romaría bizarra a Olimpiada solidaria

Romaria Galician BIZARRE no Casino
Imaxe da Romaría de Galician Bizarre no Casino desta pasada fin de semana
O Casino 1889 non para: de romaría bizarra a Olimpiada solidaria

Comeza ben activo o 2020 no Casino 1889 de Carballo. Este pasado sábado 4 de xaneiro xa abrían o ano cunha singular festa, a Romaría Galician Bizarre, da man do colectivo musiqueiro do Galician Bizarre. Houbo un pouco de todo, dende varios concertos, proxeccións, ou obradoiros ben simpáticos.

A Romería estivo xenial, superando, con creces, as espectativas da organización. Comezou con algo de retraso, pero a espera valeu a pena. Houbo bastantes asistentes dende a primeira actividade e ao longo de todo o evento que foron chegando e uníndose. O ambiente foi espectacular e tanto artistas como o público quedaron encantados.

Proxectouse o filme de Rubén Domínguez (membro de Prenom), “Baldíos”, e Alberto Vecino e Mara Pérez (da banda carballesa Chicharrón), Mar Catarina (de Esposa) ou Sara Iglesias e Cibrán Tenreiro organizaron sendos “works bizarros”, de creación, de novas tecnoloxía…

As Olimpiadas Paranimais

O domingo, 12 de xaneiro, terán lugar ás 17:00h, no #EspazoCasino as Olimpiadas Paranimais, organizadas pola socia Sandra Ramilo xunto coa Protectora de Animais de Carballo. Trátase dun evento solidario para xuntar productos para os animais da protectora (que podedes traer ese día), ademais promete ser divertido. Se queredes participar nas "Olimpiadas" non só como público, podedes facelo xuntando un grupo de 6 persoas, poñervos un nome de raza de cans (exemplo. "Os Palleiráns") e enviar os datos ao enderezo electrónico [email protected].

Clases continuas

Ademais, no Casino continúan coas súas actividades periódicas, que teñen aberto o prazo de inscrición: Danza Malinké (con Tania Veiga), Canto e pandeireta tradicional (con Miro Regueira), Clube de Lectura (con Belén Edreira) ou no Grupo de Consumo.

Comentarios