sábado. 18.07.2026
El tiempo

A Praia dos Libros: Razo xa ten aberta a súa biblioteca

 

 

Biblioteca na Praia de Razo
A Praia dos Libros: Razo xa ten aberta a súa biblioteca

A biblioteca coas mellores vistas do mundo volve abrir as súas portas na praia de Razo para que, ademais de practicar surf, bañarte, tomar algo nunha terraza ou xogar ao voleibol, teñas ao teu alcance a pé de praia os últimos éxitos
literarios e un punto de información cultural xestionado polo persoal das Bibliotecas de Carballo.

A principal novidade visual e estrutural deste verán é a estrea dunha nova caseta de madeira. Esta nova infraestrutura, máis sostible e integrada na contorna natural da praia de Razo, ofrece unha mellor acollida e comodidade tanto para os usuarios e usuarias que se achegan a solicitar préstamos ou información como para o persoal das Bibliotecas de Carballo que xestiona o punto de lectura.

A concelleira Ángeles Pacoret lembrou que o funcionamento básico da Praia dos Libros mantén o servizo de préstamo para o cal é preciso contar co carné da Rede de Bibliotecas de Galicia (que tamén pode tramitarse de forma sinxela na propia praia). A bibliopraia estará aberta de luns a venres de 15:00 a 19:00 horas, e facilitará o acceso a pé de praia aos últimos éxitos literarios, a revistas e a folletos informativos sobre a ampla oferta cultural e medioambiental que ofrece o litoral carballés este verán, como o programa Eu quero Razo-Baldaio.
 

Comentarios