Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Casino, de documental galego en documental galego

Galidoc en Carballo
Asi estaba o Casino a semana pasada falando con Marta Valverde
O Casino, de documental galego en documental galego

Arrincaba a pasada fin de semana a terceira edición do ciclo Galidoc no Casino 1889 de Carballo. De o pasado e todos os sábados de xaneiro o activo centro cultural carballés acolle unhas completas sesións para repasar, cos protagonistas, as creacións documentais feitas no noso país.

A pasada semana foi Marta Valverde a que presentou o seu traballo “1 de 8000”.

Este sábado, co mesmo formato (presentación d@s creador@s, proxección e coloquio) toca a longametraxe documental “Manoliño Nguema”, unha coprodución de Filmika Galaika, Waka Films e AGARESO. Non faltará parte do equipo do filme, entre eles o seu director Antonio Grunfeld e a súa guionista Rocío Cadahía.

Galidoc Carballo

Antonio Grunfeld (Alicante, 1983) no seu traballo como documentalista centrouse principalmente en crear obras de carácter social e cultural. Colabora con diversas ONG e asociacións tanto de Guinea Ecuatorial como en España, utilizando sempre a comunicación audiovisual como ferramenta de reinvindicación.

O filme “Manoliño Nguema” foi galardoado co Premio Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual 2020 ao mellor documental e co premio do público e mención de honra á mellor longametraxe documental no MiradasDoc.

A entrada é gratuíta e o aforo é limitado, cubríndose por orde de chegada. As portas abriranse 30 minutos antes da sesión. Respectaranse as medidas de prevención contra o COVID vixentes.

 

As persoas interesadas en asistir poden inscribirse no enderezo [email protected] indicando nome, apelidos e número de teléfono de contacto.

Comentarios