O Casino reabre as súas portas con prensa e música
O Casino1889 volve abrir as súas portas este pasado luns no seu horario habitual que é de 10:00 a 20:30h. A veciñanza que así o desexe pode pasar a ler a prensa e disfruta do espazo mantendo ademais todas as medidas de seuridade unha vez que veñen de contratar un servizo de limpeza para ter o material de desinfección pertinente.
E xa está foirmulado o primeiro evento post-covid. Este sábado 27, ás 20:30h terá lugar o Concello dos Lowcos, a mítica barnda carballesa que estrea un formato novo, un dueto formado Suso Serrano e Nacho Ferrero.
Este evento é gratuíto pero terá aforo limitado, e estará reservado preferentemente a socias e socios do Casino1889, previa inscrición indicando nome e apelidos ao enderezo electrónico: [email protected]. Teñen de prazo ata o xoves 25 para confirmar a súa asistencia.