mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Casino1889 acolle a presentación do novo "Liberdade para o galego"

Presentacion-Liberdade-para-o-galego-Carballo-1
O Casino1889 acolle a presentación do novo "Liberdade para o galego"

Este venres 27 de setembro, ás 20:00h, o Casino1889 de Carballo acolle unha nova presentación. A Mesa pola Normalización Lingüística trae o novo libro "Liberdade para o galego", unha obra publicada por Laiovento, que reflexiona sobre o uso e a actualidade política da nosa lingua.

Participarán na presentación os autores Marcos Maceira e Elsa Quintas, acompañados por Xabier Cancela (Filólogo e membro da Mesa de Bergantiños).

Comentarios