Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Casino1889 celebra ao longo da fin de semana o Festival Contra-Letras

Festival Contra-Letras Casino 1889 Carballo 2021
O Casino1889 celebra ao longo da fin de semana o Festival Contra-Letras

Hoxe arranca, finalmente, a 3ª edición do festival Contra-Letras do Casino1889 de Carballo. Como en anteriores ocasións, traen unha serie de actividades á volta da celebración das Letras Galegas, mais desde unha perspectiva alternativa e aberta.

O ventres arrinca co Assalto Poético de Adrea e Marcela Porto Mato (de A Banda da Loba) e a Alba Cid. O sábado pasarán polo Casino mulleres como Iria Taibo e Raquel Senra, Pilar Carro e Marisa Guerra, ou Iria Vázquez Silva, Lola Ferreiro e Olalla Villaronga.

Aínda que o programa é moi completo e moi interesante, queren, dunha forma especial, animar a xente a que participe na Maratona de Micro-Relatos do domingo. Trátase dun certame de micro-relatos, que se realizará en tempo real, é dicir, seguindo as instrucións do xurado, os participantes escribirán in situ os micro-relatos, que serán avaliados alí mesmo polo xurado. Pasarán á seguinte fase os cinco mellores. As persoas autoras deses, de novo, terán que escribir outro micro-relato, seguindo as instrucións do xurado. Nesa fase, serán tres os seleccionados, a fin de que, na última, se poida establecer, xa simplemente, a orde dos premios.

Comentarios