O Casino1889, cheo de actividades durante a semana
Despois do éxito do Ciclo de Documentais Galegos Galidoc, o Casino1889 de Carballo pon a marcha da normalidade para encher de vida o espazo, durante toda a semana. Deste xeito, as aulas regulares traen música e ritmo ás semanas carballeses. Nelas podese aprender a bailar swing ou danzas africanas, e tamén tocar intrumentos como a guitarra ou cantar ao ritmo da pandeireta. Todo con docentes de luxo.
As aulas son para todos os públicos e distintos niveis dende iniciación. Para máis información sobre as aulas ou inscricións, podedes escribir ao enderezo do [email protected].
Andrés Carballeira dá sesións os martes (19:45 - 21:15) dos divertidos bailes de swing e lindypop. Non é preciso traer parella de baile para pasalo ben!
Pablo Moreira é o encargado das clases de guitarra, cada mércores de 18:00 a 19:00h. Pablo Moreira, músico da banda carballesa Larkhill ou a coruñesa Hongo, impartirá unha hora á semana as clases de guitarra de iniciación.
Tania Veiga ofrece danzas africanas cheas de enerxía todos os mércores de 20:30 a 22:00h.
Miro Regueira ofrece clases de Canto e Pandeireta os xoves de 21:00h ás 22:00h, pensado para todos os públicos.