mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Casino1889 énchese de actividades esta fin de semana

Edificio do Casino 1889 de Carballo
O Casino1889 énchese de actividades esta fin de semana

Intensa actividade esta fin de semana no Casino1889 de Carballo, cun recital poético, unha charla histórica, a presentación do libro e un obradoiro de macramé. 

Recital

O Venres 4 de abril ás 20:00 horas co segundo recital poético "Trunfan Versos", coas intervencións de Suso Bahamonde, Natalia Lema Otero e Tania Yáñez Castro. 
O acto estará conducido polo tamén poeta, e veciño carballés, Ramón Sánchez.

Noite de poesia

Charla

 O Sábado 5 as 12:00 da maña hai charla do contexto histórico, urbanístico e arquitectónico das sociedades culturais e recreativas (Casinos,Liceos, Ateneos, Cafés, Círculos... ) e a importancia do Casino de Carballo, como representante na nosa vila, dun movemento que xurdiu en Europa no último terzo do S.XIX, e que tivo o seu reflexo no Estado español e tamén, por suposto, en Galicia. Abordarase  tamén a representatividade e os valores do centenario edificio no urbanismo e arquitectura da época, poñendo en valor estes aspectos, ás veces descoñecidos ou deliberadamente ignorados, do icónico Casino carballés, así como a situación actual e viabilidade no futuro deste tipo de sociedades.  

Presentará e moderará Désirée M° Domínguez Pallas (Carballo1978), directora do Arquivo Histórico da USC.

O acto consistirá nunha serie de palestras de 20 minutos de duración coa participación do público ao remate a través dun coloquio-debate. Intervirán

  •  Patricia Cupeiro López (Profesora Axudante Doutora da Historia da Arte na USC (Grupo Iacobus). "O Casino de Carballo. Unha arquitectura para o lecer, un patrimonio centenario".
  •  Fernando Franjo Franjo (Historiador e xestor cultural). "O papel dos Casinos en Galicia. O exemplo de Santiago."
  •  Xan M. Fraga Rodríguez (Historiador, escritor e mestre). "Asociacionismo carballés: do Bergantiños FC ao Casino."

Palestra Centenario

Presentación

 O mesmo Sábado 5 as 19:30 horas Alex Pernas presenta o seu libro "Paspartue", unha novela curta que ven de publicarse o pasado 1 de Novembro, que contará con acompañamento musical a guitarra. 

Paspartue

Obradoiro

E para rematar a fin de semana, teremos a Nuria, de Vivo Macramé, con outro interesantisimo taller de estanterías feitas con esta técnica artesá, o domingo 6 as 10:00 da maña.

Primavera enDanza

En paralelo, continúa o programa municipal de danza, con dúas propostas de transcendencia internacional.

O sábado 5 de abril chega desde Cataluña, Together to get there, de Lali Ayguadé. A cita é o sábado 5 de abril ás 20.30 horas no Pazo da Cultura. A duración prevista do espectáculo, dirixido a público adulto, é de 50 minutos. O prezo da entrada é de 7 €, 4 € con prezo reducido. Colabora a Rede Galega de Teatros e Auditorios.

O domingo 6 de abril é a quenda para o público familiar en Primavera enDanza desde Cataluña con Cometa, de Roser López Espinosa en coprodución coa asociación de artes escénicas alemá Vorpommern tanzt an.  A cita para ver Cometa é o domingo 6 de abril ás 18.00 horas no Pazo da Cultura. A duración prevista do espectáculo, dirixido a público familiar (nenas e nenos de entre 6 e 10 anos), é de 60 minutos. O prezo da entrada é de 7 €, 4 € con prezo reducido. Colabora a Rede Galega de Teatros e Auditorios.

Comentarios