Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O Casino1889 prepara un decembro de vertixe cultural e solidaria

Casino 1889 Carballo decembro 2021
O Casino1889 prepara un decembro de vertixe cultural e solidaria

Xa está en marcha a programación cultural do Casino1889 de Carballo para esta recta final de ano. O pasado venres artellaban a presentación do libro “As mulheres da casa da Bouça da roupa estendida”, organizada por Laiovento e da man de Adela Figueroa Panisse. Na mesma liña, o pasado sábado foron Rosa Espiñeira Pan, X.H. Rivadulla Corcón e Luís Fontela os que presentaron “Vagabundos solitarios e sentimentais”.

Xa hoxe martes 30, ás 20:00h, hai un singular Obradoiro de Swing tremendamente divertido.

Non para a actividade tampouco o mércores 1 de decembro, cando ás 19:00h acollerá unha charla sobre a Galicia Colonizada con xente de Senda Nova, CMVMC de Oza e a Plataforma Monteneme. Poden inscribirse avisando a Roberto no 615650749.

Xa o sábado 11 e domingo 12 toca Feiriña Solidaria de Nadal, organizada polo Legado de Max. Haberá cousiñas de segunda man ben feitiñas.

Unha das citas máis importantes será a Feiriña de Nadal Mercarte, da man do Estudo Garabato, os días 17, 18 e 19 de decembro. Unha feira para amosar e promocionar o producto artesán e artístico da bisbarra. Productos sostibles e orixinais, pezas únicas e de autor: doces, arte cerámica, reciclaxe, moda sostible...

Paralelamente continúan as aulas regulares de guitarra con Pablo Moreira, de pandeireta con Miro Regueira, lembrando que o espazo está aberto a todo o mundo con horario ininterrumpido de 10:00 a 20:00 horas, e con acceso as instalacións e a mesa de lectura e prensa que se atopa no salón principal ao carón da lareira para calquer persoa que queira achegarse a ler ao quente.
Para máis información poden poñerse en contacto con nós a través do correo electrónico [email protected] ou a través das nosas redes sociais.

Comentarios