Luns. 29.04.2024
El tiempo

O Casino1889 reflexiona sobre o Decrecemento

Xoán Doldán e Miguel Anxo Abraira, da Rede de Decrecemento de Galiza nunha xornada celebrada en Carballo en 2017
O Casino1889 reflexiona sobre o Decrecemento

Este venres, día 12 de xaneiro, a partir das 19h, terá lugar no Casino 1889 de Carballo un encontro da Rede polo Decrecemento, polo Día Internacional do Decrecemento.

Os obxectivos deste encontro (que terá máis réplicas noutros puntos do país, e que afonda nunha sociedade ecolóxica, humana e comunitaria) son: reflexionar arredor da sittuación do Decrecemento en Galizia nos últimos anos, consolidar grupos locais da Rede polo Decrecemento e difundir a Conferencia Internacional sobre Decrecemento que se celebrará en Pontevedra entre o 18 e o 21 de xuño de 2024.

Estes serán algúns dos puntos a tratar:

- Reducción progresiva de producción e consumo na busca do equilibrio entre seres humans e natureza.

- Simplificar o xeito de vida, voltar a ferramentas e técnicas sinxelas, intercambiables e modificables, reutilizar e reciclar, rescatar os vellos saberes.

- Relocalizar a economía para reducir o impacto do transporte internacional de mercadoríias, apostar pola agrogandeiría ecolóxica de proximidade, a pesca tradicional, o uso do transporte público ou a bicicleta nos desprazamentos privados.

- Restaurar os lazos comunitarios priorizando o ben comun fronte ó individualismo.

Comentarios