O CEIP Gándara-Sofán vólvese Plurilingüe
O CEIP Plurilingüe de Ponte do Porto, o CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña de Santa Comba e o CPI Plurilingüe da Picota ademais o modelo o Plurinfantil á etapa Infantil
09:34 14/07/21
Anunciou onte a Xunta os 42 novos colexios que se unen á rede de Centros Educativos Plurilingües, que xa foman 465. Da comarca o único novo é o CEIP Gándara-Sofán, que adapta as etapas Infantil e Primaria a modelo Edulingüe.
Falamos dunha estratexia que implica a impartición de ata un terzo do horario lectivo en lingua estranxeira, que se comezou a aplicar no curso 2010/11. Para dar apoio a estes centros, a Consellería pon ao servizo da comunidade educativo un total de 628 auxiliares de conversa neste ano académico.
Ademais, O CEIP Plurilingüe de Ponte do Porto, o CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña de Santa Comba e o CPI Plurilingüe da Picota ademais o modelo o Plurinfantil á etapa Infantil.