Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Por un Centro de Educación Especial Público na Costa da Morte

Concentracion polo CEEPR Aspaber-Foto-Iria García Pazo
Imaxe da concentración polo CEEPR Aspaber ás portas do Concello de Carballo-Foto-Iria García Pazo
Por un Centro de Educación Especial Público na Costa da Morte

Despois das crúas declaracións das familias e traballadoras afectadas polo peche do Centro de Educación Especial ASPABER, esta mañá de xoves desnevolvíase unha manifestación para denunciar a situación de desamparo na que quedan 20 alumn@s con Necesidades Educativas Especiais.

Ducias de familias participaron nesta demostración de que as cousas se poden facer doutro xeito. Moita veciñanza, que non tiña constancia da situación, achegouse e as familia afectadas “sentiron o apoio da xente”, como nos conta Sara Bajo, unha das nais afectadas.

Concentracion polo CEEPR Aspaber-Foto-Iria García Pazo 3
Carmen Blanch-Foto-Iria García Pazo

Quen falou en público foi Carmen Blanch, representante das familias no Consello Escolar. Fíxoo cun discurso moi emotivo, deixando patente que “tiñamos un centro moi familiar, e que perdamos isto, para as familias é un golpe moi duro”. “É moi triste” sinalou Blanch, que volveu cargar duramente contra a xestión do peche por parte da Xunta Directiva da entidade sen ánimo de lucro. “Fumos utilizados como mero mecanismo para presionar a Consellería para conseguir un convenio mellor, e ao final deixáronnos abandonados como cans, sen contarnos nada, sen escoitarnos… cunha frialdade tremenda”.

Unha vez que as familia vén que o peche do centro é case seguro (malia que o propio Indalecio Cabana, Xefe Territorial da Consellería de Educación lles prometeu que estirará o prazo se dende a Xunta Directiva queren rectificar a decisión), teñen clara cal é a única saída posible: “A única saída que vemos viables a día de hoxe é que vaian todos xuntos a algún dos espazos que ofrece o Concello de Carballo, que poña ben grande no cartel Centro de Educación Especial Público na Costa da Morte, dando conta de que a día de hoxe hai moitas familias de Carballo e Coristanco pero tamén ata de Cee.

Pasos a seguir

As familia aseguran que “non imos parar coas mobilizacións, e de feito imos comezar unha colleita de sinaturas polos concellos, ata Cee”. O que teñen claro é que non van pedir praza nos centros de ensino ordinarios. “So nen@s con grandes necesidades, polo que non poden ser atendidos ben polos centros ordinarios, que levano anos sufrindo recortes”, explican. “Necesitarían o que se chaman “Aulas Específicas”, con profesionais PT, AL… para cada 5 nen@s, pero a día de hoxe é inviable que a Consellería o garantice”

En calquera caso, a Consellería brindouse a coordinar unha xuntanza a partir da vindeira semana coas familias para analizar as posibles opcións.

Concentracion polo CEEPR Aspaber-Foto-Iria García Pazo 1
Foto-Iria García Pazo

Apoios

Ademais da reunión realizada onte co PSOE local, das iniciativas presentadas polo BNG, e do apoio constante da CIG, hoxe as familias tiveron tamén unha xuntanza con Xosé Regueira. O vicepresidente da Deputación, ofreceu toda a colaboración do ente provincial para chegar a unha solución temprana, “porque setembro está á volta da esquina”.

Ademais, outros colectivos como a Plataforma "Reiseñores" NEE/NEAE Costa da Morte quixeron amosar a súa “solidaridade e apoio ás familias afectadas. Esta decisión suporá ter que recolocar e espallar arredor de 20 alumnos con necesidades educativas especiais (NEE) noutros centros da comarca e/ou da Costa da Morte co conseguinte trastorno, de incalculábeis consecuencias, para o alumnado con necesidades educativas especiais”.

Novas relacionadas

Comentarios