Luns. 14.10.2024
El tiempo

O peche do Centro de Educación Especial Aspaber mobiliza ás familias afectadas

terapia canina Centro de Necesidades Educativas especiais aspaber Carballo 4
Sesión de terapia canina no Centro de Necesidades Educativas especiais de Aspaber
O peche do Centro de Educación Especial Aspaber mobiliza ás familias afectadas

O complexo de Aspaber, un dos mellores exemplos de como traballar a inclusión de toda a provicnia, que leva mesmo a sua experiencia na materia por España e mesmo por Europa adiante a través do Proxecto ACADAS, vén de tomar unha decisión complicada: o peche do seu centro educativo para alumnado con Necesidades Educativas Específicas.

Un centro que forma e coida a 20 alumn@s, principalmente de Carballo e Coristanco, pero tamén do resto da Costa da Morte. Un centro, onde “@s nen@s son moi felices” creado en 2017 ante a falta de recursos que teñen os centros educativos regulares da zona para que este alumnado estea ben atendido.

Pero a Consellería de Educación vén de revocar a renovación do concerto, polo que a decisión de peche é practicamente “irrevocable”.

Dolores Fernández García, a xerente de Aspaber, entende ás familias, pero explica que o coidado deste alumnado "compete máis a unha administración que a unha entidade sen ánimo de lucro". Asegúrao sinalando que "nós non temos recursos para medrar, e as demandas son bastante grandes. Xa pasamos de 1 a 3 unidades. Non temos espazo para o comedor, para a atención individualizada, e mesmo foi o que pedían as familias", explica, dexiando claro que "asinar un acordo de 6 anos en precario non era viable". "Temos que acompañalas á administración pública para que esixan as necesidades", sinala, deixando claro que os Centros de Educación Especial, por lei deberían tender á desaparición, dando camiño a integración total do alumnado con NEE nos centros públicos. Unha realidade absolutamente contraposta á política de recortes da Xunta en materia educativa.

Mobilizacións das familias

4de1c1a9-f510-4449-ae9b-971fbceaf3bc

As familias denuncian que se trata dunha decisión “unilateral” da Xerancia do Centro de Educación Especial Aspaber, e lamentan ter que enteirarse, “extraoficialmente” pola Consellería no canto de ser inforadas polo propio centro. “Somos unha comunidade, e se hai un problema económico ou de infraestrutruras, as familias poderíamos ter axudado para intentar mellorar as necesidades”, sinala Claudia Bajo, unha das nais afectadas.

O que está claro é que non van quedar de brazos cruzados ante o que consideran unha “inxustiza e discriminación” e xa anuncian unha manifestacion para este xoves 2 de marzo ás 11:00h diante da Praza do Concello carballés. “Agora mesmo ás famiias tócanos pelexar. Queremos que se saiba, e que saiban en que situación quedan os nosos nen@s”, explica. Xa mativeron unha reunión co alcalde de Carballo, que lles prometeu a posibilidade de ceder unha Escola Unitaria para albergar o centro se fose necesario.

Pero as familias piden “unha solución real e eficaz á inxustiza e discriminación que sofren estes nenos con necesidades educativas especiais, por falta de entendemento, supostamente económico, entre a Dirección del CEEPR Aspaber e a Conselleria de Educación".

Esixen “á Xunta de Galicia e a todas as partes implicadas, unha explicación convincente sobre o sucedido, ademáis dunha alternativa real e xusta, que non incida negativamente no benestar de estes alumnos nin complique máis ainda a vida das suas familias”.
Denuncian que un dos argumentos para o peche é que as instalacións non son adecuadas para os alumn@s. “Parécenos unha excusa”, sinala Claudia, que sinalan que “os nen@s estaban perfectamente, e forman unha familia, e o centro funciona perfectamente gracias á profesionalidade do seu persoal”.

Centro de Necesidades Educativas especiais aspaber Carballo 3

Unha necesidade

Pode ser bo momento para reivindicar a necesidade de crear na Costa da Morte un Centro de Educación Especial, como pode ser o María Mariño, situado nas Xubias, na Coruña. Unha necesidade fundamental para unha comarca na que os centros de ensino públicos regulares reciben cada vez menos profesionais de apoio e poden ofrecer unha peor atención ao alumnado con Necesidades Educativas Específicas.

Novas relacionadas

Comentarios