Sábado. 27.04.2024
El tiempo

"Cheíño de tó” presentou en Carballo o seu libro de humor gráfico

Presentacion de Cheino de To en Garabato
"Cheíño de tó” presentou en Carballo o seu libro de humor gráfico

Este domingo 9 de xaneiro o Estudo Garabato de Carballo acollía a presentación literaria de humor gráfico de "Cuspindo Realidades”, do autor carballés "Cheíño de tó”. Foi todo un éxito de participación, contando ademais coa compañía de José Manuel Andrade e Milagros Cotelo.

Presentacion de Cheino de To en Garabato 2

Juan Barro, máis coñecido por "Cheíño de To", presenta neste libro unha selección de viñetas entre o 2019 e o 2021, máis especialmente dos dous últimos anos. Nas viñetas trata de deixar a un lado as súas conviccións políticas para arremeter contra quen se atope no poder.

Unha peculiaridade das viñetas é a promoción de negocios do concello e o uso das súas rúas e mobiliario. Abundan as viñetas sobre política nas que aparecen o alcalde, concelleiros da oposición e a voz dos veciños. O libro conta con 160 viñetas que intentan mostrar con retranca a vida do municipio arteixán.

Cuspindo realidades de Cheino de toCuspindo realidades de Cheino de to 2

Comentarios