“Cicl-Ando”: 18 quilómetros de sendas para seguir facendo de Carballo un modelo de mobilidade sostible

Está xa en marcha o “Cicl-Ando Carballo”, un proxecto financiado con fondos europeos para transformar a capital de Bergantiños nunha vila sostible. 18 quilómetros de sendas, unha rede de aparcamentos seguros para bicicletas en 10 enclaves diferentes e unha campaña de sensibilización social, conforman o plan para facer de Carballo un referente en mobilidade urbana sostible. Iniciativas como o Pedibús ou a Semana Europea da Mobilidade así o ratifican.
O alcalde, Evencio Ferrero, xa está en contacto coas administracións galegas para ir aprobando as autorizacións. O pasado venres reuníase en Santiago con responsables da Axencia Galega de Infraestruturas e de Augas de Galicia, pois hai treitos que afectan a estradas de titularidade autonómica ou a canles fluviais.
O proxecto ten un orzamento total de 2,1 millóns de euros (cun 80%, o máximo, de financiamento europeo),.
Outros puntos: A Avda. Fisterrra
Ferrero puxo sobre a mesa as necesidades deste proxecto, e aproveitou para lembrar outros asuntos, como o estado do proxecto de abastecemento a Baldaio, que o ente autónomo se comprometeu a elaborar noutra xuntanza celebrada o verán pasado, e que parece que está contratada a redacción do estudo de viabilidade.
Un dos puntos impotantes que poden afectar á fisionomía carballesa é a transformación da Avda. de Fisterra. O pleno do pasado novembro aprobaba a reurbanización da avenida, polo que o alclade pediu a Axencia Galega de Infraestruturas acometa as obras antes de ceder a titularidade. A AXI pediu unha memoria valorada.
Novas relacionadas
- O Concello de Carballo consegue o 100% dos fondos europeos solicitados para o proxecto “Cicl-Ando Carballo”.
- O Pedibús, o “autobús especial” sen rodas, nin fumes, nin problemas de aparcamento que leva ás nen@s ao cole.
- En bici ao Mercado, non só na Semana da Mobilidade.
- Un estudo sobre a mobilidade revela que Carballo rexistra 74.434 desprazamentos diarios: