Luns. 20.05.2024
El tiempo

A CIG concéntrase pola sanciónimposta ao delegado de Urbaser Carballo

CIG_SMAC_UTEUrbaserCarballo_02
A CIG concéntrase pola sanciónimposta ao delegado de Urbaser Carballo

Coincidindo co acto de conciliación, a CIG concentrouse esta mañá no SMAC da Coruña en rexeitamento á que entenden unha "sanción inxusta e totalmente desproporcionada imposta por Urbaser Carballo ao delegado de persoal, despois de que este se dirixira á dirección da empresa para reclamar a regularización dos salarios conforme ao SMI".

A conciliación rematou sen avinza xa que a empresa (unha UTE conformada polas compañías Urbaser SA e Servicios Gallegos de Lacería SL) se reafirmou na súa medida e defendeu a imposición da suspensión de emprego e soldo durante 21 días ao traballador. O responsable da CIG de Carballo, Martín Caamaño, denunciou "o inxustificado desta decisión e xa avanzou que o procedemento para revogar a sanción e que se declare a súa nulidade continuará agora pola vía xudicial".

A este respecto, Caamaño valora que a empresa "acaba de perder unha oportunidade de solucionar este conflito pola vía da negociación" e lembra que a CIG intensificará as mobilizacións nas vindeiras semanas para reclamar a retirada da sanción.

Comentarios