Xoves. 12.09.2024
El tiempo

Cigarreiras, de Contraproducións, gaña o Premio do Público do #FIOT30

FIOT votando
Cigarreiras, de Contraproducións, gaña o Premio do Público do #FIOT30

Anunciou esta fin de semana o a Asociación Cultural Telón e Aparte e o Concello de Carballo, os premios da 30ª edición do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo. Un dos premios máis esperados é o do público, que este ano recaeu en espectáculo Cigarreiras, de Contraproducións, como a mellor obra do Programa de Sala do FIOT30. A obra de Cándido Pazó recibiu un 9,32 sobre 10, por diante de “Solo un metro de distancia”, de Serena Producciones, e “Greenpiss”, de Ylanna. As votacións do público fixeron unha media de 8,43 no cómputo do programa de Sala.

FIOT 30 Cigarreiras © Vanessa Rábade FIOTCigarreiras

O público tamén escolleu a súa peza escollida do V Certame de Microescenas Metro Cadrado: OldPlay, de Antón Coucheiro, creada para desenvolver no parque infantil do Parque de Anllóns. Ademais, Sara Guerrero, creadora de” A miña casa é un palco de música”, obtivo o recoñemento á mellor interpretación.

A organización valora a resposta do público moi positivamente, dando conta a calidade dos programas, refrendados tamén con premios externos, xa que dúas das compañías participantes no Programa de Sala recibiron o Premio Nacional de Circo (Manolo Alcántara) e dous Premios Max (Nueve de Nueve Teatro).

Comentarios