mércores. 30.04.2025
El tiempo

O CIM de Carballo atende a 114 mulleres con ordes de protección asistindo tamén a Coristanco, Malpica e Ponteceso

Alcaldes de Ponteceso Carballo Malpica e Coristanco co CIM de Carballo
Os alcaldes de Ponteceso, Carballo, Malpica e Coristanco, xunto coa directora do CIM, Nieves Castañón, e a concelleira de Igualdade, Maica Ures, asinando o novo convenio para o servizo do CIM
O CIM de Carballo atende a 114 mulleres con ordes de protección asistindo tamén a Coristanco, Malpica e Ponteceso

Ficou asinado o novo convenio de colaboración para a prestación conxunta do servizo do Centro de Información ás Mulleres (CIM), con sede en Carballo concello.
O acordo asinado garante o acceso da veciñanza dos catro concellos a un servizo público imprescindible, para que as mulleres que o necesiten poidan resolver dúbidas de ámbito persoal, social ou xurídico, e que presta ademais un labor indispensable para a conciliación laboral e familiar, para a promoción da igualdade e/ou para o asesoramento e o acompañamento ás vítimas de violencia de xénero.

Nestes momentos, desde o CIM realízase o seguimento de 114 mulleres con ordes de protección.

A xestión do servizo e da subvención concedida pola Xunta de Galicia con esa finalidade corre a cargo do Concello de Carballo, que asume desde hai máis de vinte anos todos os custes de persoal e de material. O CIM atende os casos remitidos polos servizos sociais ou outros departamentos municipais dos concellos do seu ámbito de influencia, así como polo persoal médico, forzas e corpos de seguridade ou xulgados.

Campaña de divulgación

Coa finalidade de seguir divulgando o servizo entre a poboación, ademais da organización de actos específicos nos catro concellos, coincidindo co 8 de marzo, Día da Muller, o CIM pon en marcha unha campaña informativa a través dun folleto que inclúe información básica sobre os servizos que presta, persoal especializado (traballadora social, psicóloga e avogada) e obxectivos.
Os teléfonos de información a disposición das mulleres que precisen máis información son 981 700 688 e 638 123 460.

Máis novas

 

Comentarios