mércores. 13.08.2025
El tiempo

Circo para a cativada e cinema para todos os públicos en Baldaio no Verán Cultural carballés

Cine na rua en Choris.Carballo
Imaxe do cine na rúa de Chorís
Circo para a cativada e cinema para todos os públicos en Baldaio no Verán Cultural carballés

Mediados de agosto e continúa en marcha o completo Verán Cultural de Carballo. 

Este xoves 14 de agosto hai unha cita con AsSircópatas e o espectáculo "Rogelio 3. La fête". Un espectáculo de risas para toda a familia no que o actor Dani Blanco dá continuidade á saga do pallaso Rogelio. Circo, clown, corda frouxa, malabares e música e sobre todo moito humor. O espectáculo foi finalista a mellor proposta para público familiar nos Premios María Casares 2025.
O espectáculo será no Xardín Municipal a partir das 20.30 horas. Colabora con esta cita a Deputación da Coruña.

Rogelio3-La-Fete-Assircopatas-en-Bueu
Rogelio 3 en acción

E xusto un día antes, mércores 13 de agosto hai unha nova sesión das Noites de Cine, desta volta en Baldaio. A praia de Pedra do Sal acolle a proxección da comedia familiar Padre no hay más que uno 4: Campanas de boda. Nova
entrega da serie creada e protagonizada por Santiago Segura, cun reparto no que tamén están Toni Acosta ou Loles León. A cita comeza ás 22.00 horas e a película está recomendada para todos os públicos. A duración aproximada do filme é de 99 minutos. Colabora coa cita a AC Castro de Lema.

Comentarios