venres. 18.07.2025
El tiempo

Clausurado o obradoiro “en familia todos contan” impartido por Adafad

Clausurado o obradoiro “en familia todos contan” impartido por Adafad
obradoiro-adafad-carballo No obradoiro "En familia todos contan" participaron 12 familias do concello de Carballo Doce familias usuarias dos servizos municipais de Carballo veñen de participar no obradoiro "En familia todos contan", promovido pola asociación de Axuda a Familias de Drogodependentes - Adafad -, en colaboración co servizo de Prevención de Condutas Aditivas da consellería de Sanidade e co concello de Carballo. O obradoiro rematou onte coa visita da concelleira de Igualdade e Benestar, Maica Ures, e coa entrega os diplomas que acreditan a súa participación na iniciativa. O obxectivo do taller - dirixido a pais e nais que afrontan difucultades importantes na educación dos seus fillos - foi achegar ás familias os recursos precisos para afrontar a tarefa educativa, incrementando os factores de protección fronte aos problemas en xeral e ao consumo de sustancias en particular. Con esa finalidade desenvolvéronse dous módulos nos que se abordaron a toma de decisións, o proceso de crecemento dos fillos e fillas, saber falar e escoitar e como actuar ante situacións concretas. As 12 familias participantes traballaron en grupo durante cinco sesións de hora e media de duración, nas que contaron co apoio dos equipos técnico e profesional de Adafad, integrados por psicólogos, pedagogos, traballadores e educadores sociais e expertos en programas de prevención. O desenvolvemento do programa terá unha avaliación final para coñecer os resultados. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Carballo

Comentarios