Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Comezan as labores de coidado do senlleiro e centenario carballo de San Antón

Comezan as labores de coidado do senlleiro e centenario carballo de San Antón
Asi esta o carballo de San Antonio Arbore Senlleira Así esta o carballo de San Antonio trala rotura do pasado mes de agosto Pasa por ser a única árbore da Costa da Morte incluída no Catálogo de Árbores Senlleiras, unha vez que unha nogueira de Sísamo e unhas camelias de Corcoesto non foron aceptadas. Falamos do carballo de San Antón (un Quercus robur L.), situado no Pazo de Vilardefrancos, na parroquia de Artes do Concello carballés, que sufría unha grave rotura que sufriu o 3 de agosto pasado. Pero estes espazos necesitan moito tino para afrontar calquera medida, e por iso o Concello tivo que realizar unhas peticións ao Servizo de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente. O Concello solicitara levar a cabo cinco actuacións e a Xunta aprobou dúas: a ampliación da zona de seguridade, para o cal haberá que habilitar un valado en coordinación coa propiedade, e a eliminación da madeira morta e as partes da copa que caeron durante o mes de agosto, que é a máis importante e foi a que se levou a cabo hoxe. Ademais, dase a circunstancia de que un abeto Douglas está nacendo na cruz do carballo, e o Servizo de Conservación da Natureza solicitou eliminalo. Abeto nacendo na cruz do carballo de San Antonio Abeto nacendo na cruz do carballo de San Antonio Así, xa comezaron os traballos, coa supervisión do concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas así como dos responsables da Xunta, para que en dous meses estea enviado un informe e para comezar a facer un seguemento do estado de saúde do centenario exemplar con máis de 800 anos de idade.

Outras accións, noutro momento

Por parte do Concello de Carballo tamén se propoñía a eliminación de pólas da zona apical; unha poda para reequilibrar a copa, que presenta, segundo o informe técnico remitido á Xunta, “síntomas de regresión e decaemento e un alto grao de asimetría”, e a limpeza e saneamento das oquedades e pudricións do tronco “para reducir o risco e garantir a supervivencia do exemplar”. Con respecto ás dúas últimas actuacións, por parte de Conservación da Natureza indícase que non se autorizan por non ser a “época idónea para a súa realización”, e que en todo caso deberá presentarse unha solicitude por parte da propiedade da árbore, acompañada “dunha proposta motivada e un cronograma aos efectos de valorar axeitadamente a súa realización e garantir que non se produza afección á integridade e estado de conservación do exemplar”. Carballo de San Antón de Vilar de Francos en outubro de 2018

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/un-carballo-de-carballo-o-unico-exemplar-costeiro-no-catalogo-galego-de-arbores-senlleiras/ https://quepasanacosta.gal/unha-nogueira-de-sisamo-e-as-camelias-de-corcoesto-propostas-para-entrar-no-catalogo-de-arbores-senlleiras/ https://quepasanacosta.gal/a-cipres-morto-carballo-reposto/

Comentarios