Comezan as obras en 32 paradas de bus na AC-552 ao seu paso por Arteixo, A Laracha e Carballo
Arrincaron as obras para mellorar 32 paradas de autobús na estrada autonómica AC-552 nos concellos da Laracha, Arteixo e Carballo, que suporán un investimento autonómico de 1,3 M€.
Os traballos de mellora da seguridade viaria e da accesibilidade comezaron pola parada de autobús situada en Paiosaco, na zona próxima á entrada da autoestrada AG-55, e as obras continuarán avanzando en sentido Carballo.
As intervencións céntranse na mellora de 32 paradas de autobús situadas ao longo de 15 km da vía autonómica AC-552 so seu paso por estes tres municipios, comezando polo acondicionamento dos carrís para a parada do autobús, a mellora da accesibilidade e a pavimentación da contorna coa execución de sendas ou beirarrúas. Ademais, cambiaranse as marquesiñas, e se instalarán postes, bancos ou apoio isquiático.