Martes. 13.04.2021
El tiempo

Como é o Plan de Xestión do Risco de Inundación do Anllóns en Carballo?

210115 ARSPI río Anllóns - Carballo
Como é o Plan de Xestión do Risco de Inundación do Anllóns en Carballo?

5 anos xa pasaron dende que o proxecto arrincaba. Pero nunca é tarde se se trata dunha obra fundamental para solventar un dos problemas máis recorrentes das primaveras de Bergantiños: as inundacións provocadas polo río Anllóns en Carballo.

O pasado mes de decembro Augas de Galicia e o Concello de Carballo anunciaban o convenio para afrontar a problemática na área ARPSI (área con risco potencial significativo de inundación). Un proxecto de case 3 millóns de euros (de Fondos Europeos Feder 14-20, por suposto), previsto para desenvolver de aquí ao 2023. Hoxe, Conselleira e alcalde asinaron dixitalmente o convenio polo que nos vindeiros días comezará a redacción do primemiro proxecto a acometer: a mellora hidráulica do río, entre a AG-55 e a AC-552, na rúa de A Cepeira, en Sísamo.

A filosofía desta clase de plans parece adaptarse ao cambio climático, e pretende evitar o risco anticipándose, eliminando posibles afectacións e limitando o uso de zonas inundables, devolvéndolle espazo á natureza. O proxecto, de feito, recolle a “aposta pola naturalización do leito do río e polas infraestruturas verdes”, tendo accións de prevención previstas como o mantemenro do leito, unha axeitada ordenación urbanística ou a instalación dun novo punto de predición do sistema de alerta temperá na conca do río Anllóns e dunha estación de aforo para medir os caudais.

Entre as obras máis importantes está o derrubo dun edificio na rúa Sol e as reformas do parque do San Martiño e da ponte da Casilla, a creación dun bypass na zona do Muíño do Quinto, a creación dunha canle de augas altas na rúa Sol; a mellora do parque San Martiño; e a reparación da ponte da rúa Fomento, con motas de contención augas abaixo da ponte.

210115 ARSPI río Anllóns - Carballo 2 210115 ARSPI río Anllóns - Carballo 3 210115 ARSPI río Anllóns - Carballo 4 210115 ARSPI río Anllóns - Carballo 5 210115 ARSPI río Anllóns - Carballo 6

Plan para Vimianzo

De forma paralela, o Executivo autonómico está a desenvolver plans específicos en 9 zonas fluviais de Galicia con maior risco por inundación, entre elas a zona do Campeda, en Vimianzo.

Novas relacionadas

 

comentarios