Domingo. 20.09.2020
El tiempo

O Concello de Carballo mantén ao 90% da súa actividade a través do teletraballo

Videoconferencia do grupo de goberno do Concello de Carballo
Videoconferencia do grupo de goberno do Concello de Carballo
O Concello de Carballo mantén ao 90% da súa actividade a través do teletraballo

Onte o equipo de goberno do Concello de Corcubión recoñecía que o teletraballo era unha quimera. Seguro que as conexións non son as mesmas nas casas do rural corcubionés que nas do centro de Carballo, pero na capital de Bergantiños aseguran que si é posible manter a actividade traballando dende casa.

Aseguran que o persoal municipal realice o 90% do traballo dende a casa, mantendo xa preto de 500 videoconferencias. Son 71 os usuarios/as activos que utilizan a ferramenta de traballo colaborativo Microsoft Teams, que permite o intercambio de información e documentos, conferencias e videoconferencias en grupo, compartir pantallas e asistencia técnica en remoto por parte dos servizos informáticos municipais.

Ademais dos membros do goberno municipal, o xefe da Policía Local, o responsable dos servizos de emerxencia e Protección Civil, o informático municipal e o secretario municipal. Hai servizos que están a funcionar presencialmente con relativa normalidade e incluso con maior intensidade, como a Policía Local, a Brigada Municipal de Obras, Protección Civil, a Unidade de Condutas Adictivas ou as empresas que xestionan os servizos de recollida de lixo, o ciclo integral da auga, o alumeado público, a limpeza viaria ou o control de pragas.

Ademais xa contan 70 horas de teleasistencia.

Novas relacionadas

comentarios