Consegue sufocar un incendio nunha vivenda en Carballo provocado por unha lavadora

10:03 17/02/25
Os bombeiros do parque provincial de Carballo recibiron aviso a pasada noite dun incendio activo nu piso da Rúa Brasil do concello de Carballo.
Ao chegar ao domicilio, a inquilina e única ocupante indica que xa foi extinguido. O lume situouse nunha terraza traseira onde estaba a lavadora e o quentador de gas.
A muller desenchufou a lavadora e botoulle auga despois para apagar o lume, polo que os danos non se estenderon. Tras ventilar o piso e comprobar que a situación quedou controlada, os bombeiros deron por rematado o servizo.