Martes. 16.04.2024
El tiempo

O Cónsul de Uruguai afondou Carballo sobre a familiaridade das dúas nacións

10092021 visita_consul_uruguai (6)
O Cónsul de Uruguai afondou Carballo sobre a familiaridade das dúas nacións

Ilustre visita este pasado venres na Casa do Concello de Carballo. O novo, dende marzo, cónsul xeral de Uruguay en Galicia, Asturias, Cantabria e o País Vasco, Ramiro Rodríguez Bausero, achegábase á capital bergantiñá para charlar co alcalde Evencio Ferrero, así coas concelleiras Milagros Lantes, Maruxa Suárez, e Iván Andrade.

A evolución da pandemia e como afectou aos 1.700 carballeses e carballesas con dereito a voto que viven no Uruguai, fiou parte da conversación. O cónsul xeral referiuse ao “nivel de relación y la familiaridad” entre uruguaios e galegos, “algo que no pasa en otros lugares de España”, e destacou especialmente o caso de Carballo: “Los uruguayos hablan maravillas de Carballo”, asegurou.

Artigos dende Lonxe de Montevideo de Manuel Suárez Suárez

Comentarios