venres. 07.02.2025
El tiempo

O CRA Ponte da Pedra de Carballo leva un dos X Premio Concepción Arenal

Unha actividade do CRA Ponte da Pedra pola Semana da Prensa
Unha actividade do CRA Ponte da Pedra pola Semana da Prensa
O CRA Ponte da Pedra de Carballo leva un dos X Premio Concepción Arenal

O traballo “ArROUPAme na Igualdade”, do Colexio Rural Agrupado Ponte da Pedra, de Carballo, na categoría para educación primaria, vén de levar o X Premio Concepción Arenal para proxectos educativos pola igualdade de xénero, outorgado pola Deputación da Coruña.

Ao certame, convocado pola área de Igualdade provincial, concorreron sete centros de ensino da provincia, nunha edición na que non se presentaron candidaturas na categoría de educación infantil.

De “ArROUPAme na Igualdade”, o xurado destacou que se trata “dun proxecto técnico estruturado, claro e coherente, cun título creativo en simbiose cos obxectivos e actividades”. A proposta céntrase, segundo o comité avaliador, “en explorar e cuestionar os estereotipos de xénero na moda, en reflexionar sobre o impacto social e cultural da vestimenta como expresión de diversidade e identidade, así coma en concienciar sobre as desigualdades laborais e éticas no sector, promovendo un consumo responsable”.

“Bravísimas! Mulleres na música”, do Conservatorio Profesional de Música da Coruña, levou o premio na categoría para educación secundaria.

Comentarios