Venres. 26.04.2024
El tiempo

Arredor de corenta familias quedan sen servizo de gardería en Carballo

Tras unha reunión cos responsables da escola infantil Os Pequerrechos, os proxenitores dos usuarios afectados afirman sentirse enganados.
68732438_10215037247193527_159332330220027904_n
A escola infantil os Pequerrechos está situada na rúa Hórreo.
Arredor de corenta familias quedan sen servizo de gardería en Carballo

Arredor de 40 familias usuarias da escola infantil Os Pequerrechos de Carballo terán que buscar un novo centro de cara ao próximo curso escolar 2019-2020 debido ao inminente peche desta gardería.

Así, logo de recibir o pasado venres un correo electrónico no que se lles indicaba o peche das instalacións o próximo 9 de setembro, arredor dunha decena de pais e nais manifestáronse onte ante ás portas do centro. Trala concentración, mantiveron unha reunión cun dos responsables do centro, quen tampouco lles aportou, en principio, ningunha solución. "Non din máis ca que nos busquemos a vida", aclararon algunhas das nais ao sair do encontro, no que tampouco se lles deixou claro o tempo que a gardería deberá estar pechada para realizar as reformas que esixe a Xunta de Galicia. "No correo, a uns pais poñíanos que as obras serían no curso escolar 2019-2020, a outros que se realizaría durante un mes e, polo tanto, que sería temporal", indicou Elena Lorenzo, unha das nais afectadas.

A solución podería chegar agora da man do centro As Estreliñas, que ante a demanda e urxencia da situación xa se plantexa hablitar unha aula para acoller os rapaces afectados, segundo indicaron as proxenitoras.

Comentarios