Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Cultura volve Con Forza a Carballo

carte_culturaconforza
A Cultura volve Con Forza a Carballo

Comezou a desescalada, abren xa as Bibliotecas e os centros culturais, e Carballo pon toda a súa maquinaria en marcha. O pasado venres presentaba #CulturaconForza, un programa de 25 actividades para desenvolver nos vindeiros 3 meses, de marzo a maio, que nace da fusión de varios dos programas habituais nestas épocas do ano, como Venres Culturais, Primavera enDanza…

5 espectáculos de teatro para adultos, 4 de danza, 5 para todos os públicos, 2 documentais, 5 longametraxes de cine euro-árabe, 4 exposicións. Así demostra Carballo por que é a capital cultural da comarca, a anos luz do resto de programacións municipais.

O Concello quere focalizar na idea da #culturasegura, e invita a que lle botedes un ollo ao completísimo Programa, que arrinca xa este venres 5 de marzo, co espectáculo de música e poesía do dúo AldaoLado, Lucía Aldao e María Lado.

Aldaolado no CulturaconForza de Carballo
PROGRAMA

ProgramaCulturaForza Carballo 2021

Comentarios