Dani Pérez xa é alcalde de Carballo seguindo a estela de Evencio: "É un momento de moitísima ilusión"

Xa é novo alcalde de Carballo. Daniel Pérez (1977), xa exerce como novo rexedor do Concello de Carballo, trala despedida de Evencio Ferrero a semana pasada, e tralo pleno desenvolto este sábado 11.
Precisamente, e arroupado por numeroso público, o novo alcalde fixo numerosas alusivas a Ferrero no seu discurso de investidura. I é que para Pérez, Ferrero foi o alcalde durante media vida, e ao seu legado, e á súa forma de facer para deixar Carballo como “un bo lugar para vivir”. ”Non é un cambio, é unha sustitución para continuar co seu gran traballo”, indicaba con claridade Pérez, que non esqueceu tenderlle a man a unha oposición que foi tamén un exemplo de boas formas.
"Foi un día de motias emocións, moi intenso e sobre todo emotivo, polo clima de moitísima ilusión e polo recoñecemento lle debemos a Evencio por 46 anos de dedicación aos veciños e veciñas de Carballo", descríbenos Pérez. "O noso goberno vai continuar ese boísimo traballo feito ata o de agora. Temos moitísimos proxectos enriba da mesa dese Carballo que queremos. Os Fondos Europeos, os EDIL, van servir de panca para executar antes no tempo proxectos tan importantes como o edificio das entidades sociais ou a reforma da Praza do Concello ou o propio Auditorio. Acceder a esas axudas non foi un golpe de sorte, senón que hai aí moito traballo previo, que segue na liña da Axenda Urbana na que traballamos dende 2023. Ademais os proxectos que presentamos foron moi pensados e medidos para poder ser realizados dentro dos estritos prazos establecidos", explica.
"Eu estou moi ilusionado. Tiña preparado o discurso pero xa tiña case a cabeza no luns en empezar o traballo. Xa temos a reunión de traballo e a partir de aí a traballar", relátanos.
A rede de saneamento, a dinamización cultural das zonas rurais e o proceso de humanización do casco serán as claves nas que se basee o novo alcalde para o seu mandato.
No pleno tomou tamén posesión Daniel Barreiro como novo edil por parte do BNG. En paralelo, é Saleta Chao (Cuntis) a que ocupa a praza de Dani Pérez como deputada no Parlamento Galego.