Martes. 23.04.2024
El tiempo

O Día do Medio Ambiente celebrouse no Bosque do Añón

 Carballo CEIP dia_medio_ambiente
O Día do Medio Ambiente celebrouse no Bosque do Añón

Co gallo do Día do Medio Ambiente, o Concello de Carballo quixo realizar unha fermosa excursión coa rapazada do CEIP Xesús San Luís Romero. Os seus 117 nen@s disfrutaron das marabillas do Bosque do Añón, un dos fermosos recunchos autóctonos que quedan vivosá  beira do río Anllóns.

O alumnado realizou un traballo de investigación das especies existentes neste espazo tan emblemático, inaugurando os paneis que as identifican.

 Carballo CEIP dia_medio_ambiente 2

Esta nova colaboración entre o CEIP Xesús San Luís Romero e o Concello de Carballo, que se encargou da elaboración e colocación dos paneis, enmárcase nas actividades do programa de educación medioambiental Catro Estacións, no que estamos a recoller e desenvolver diferentes iniciativas a proposta dos centros educativos. 
Para recompensar o traballo dos nenos e nenas, o alcalde fíxolles entrega dunha mochila e un libro para colorear. Evencio Ferrero estivo acompañado polos concelleiros Luis Lamas e Juan Seoane durante un acto que se converteu nunha auténtica festa. Na páxina web e no vídeo podes completar a información.

 Carballo CEIP dia_medio_ambiente 3

Comentarios