Martes. 16.07.2019
El tiempo

As diferentes visións sobre a mobilidade dos candidatos carballeses

As diferentes visións sobre a mobilidade dos candidatos carballeses

Esta fin de semana dous dos candidatos á alcaldía de Carballo falaron en clave de mobilidade, demostrando as diferentes visións que teñen. Por un lado o popular Aurelio Núñez asegurou que “corrixirá” a limitación de 30 kilómetros por hora no casco, mentres Evencio Ferrero ratificou a súa aposta pola peatonalización do centro urbano pedindo a circunvalación tan prometida. 

Tamén o PSOE quixo pronunciarse estes días sobre a circunvalación manifestando a súa sorpresa "toma e daca que protagonizaron estes días entre o PP e o BNG con motivo da Variante de Carballo, precisamente os dous Partidos que votaron en contra da moción presentada por este Grupo a comezos da Lexislatura". O grupo socialista lembra que o 27 de xullo de 2015 presentou ao pleno de Carballo unha moción para que a Xunta de Galicia vísese na obrigación de comezar a execución que xa conta con proxecto de obras dende hai xa tempo. "Naquel entón, os hoxe defensores bloquearon a iniciativa no salón de plenos".

Pola súa parte, Núñez, durante a presentación da súa lista de candidatos, sinalaba que revisará a Ordenanza Municipal de Tráfico para manter a restrición de 30km/h só nas rúas nas que os técnicos o consideren axeitado. Considera o PP que así solucionará “o problema serio coa mobilidade e o tráfico” de Carballo.
“En moitos casos pensamos que esta norma está feita exclusivamente con fins recadatorios, como quedou demostrado coa previsión do incremento das multas no orzamento do ano 2019. Cremos que esta limitación é boa en certas rúas, pero non para todas, xa que orixina retencións e problemas de circulación nos viarios de acceso e saída de Carballo”.

Pola súa parte, o BNG ratificou a súa aposta decidida pola “humanización do centro carballés”, ao tempo que pide a eternamente esquecida circunvalación do polígono de Bértoa que conecte con Santiago. O BNG quere aproveitar a promesa do propio Nüñez de construír unha primeira fase da circunvalación de Carballo, e pide que o actual deputado e candidato manteña o seu compromiso pase o pase o 26M.

Non tardou en responder Núñez, que esta tarde de luns ratificaba o seu compromiso para a construción da circunvalación de Carballo, asegurando que “a situación económica cambiou e cremos que é o momento”.

Novas relacionadas

Comentarios