Venres. 25.09.2020
El tiempo

As direccións dos centros de ensino e o grupo de goberno de Carballo recoñecen e incerteza deste comezo de curso

As direccións dos centros de ensino e o grupo de goberno de Carballo recoñecen e incerteza deste comezo de curso

Onte tivo lugar unha primeira xuntanza entre o goberno municipal de Carballo e os equipos directivos dos colexios de infantil e primaria. Un comezo de curso cheo de incerteza pois polo momento, nin o Concello nin os centros escolares recibiron instrucións concretas da Xunta de Galicia, administración responsable tanto en materia educativa coma sanitaria.

“A preocupación das direccións é unha preocupación compartida polo Concello”, manifestou Mar Eirís, quen reiterou que por parte do goberno local existe a decisión de “axudar en todo o posible”.

Por parte do Concello de Carballo, ademais, aproveitouse a xuntanza para poñer a disposición dos centros educativos edificios alternativos para realizar posibles desdobres de aulas no caso de que se reduzan as ratios e non haxa espazo suficiente nos colexios.

Limpeza

Un dos temas tratados é o da limpeza, pois o protocolo provisional da Xunta obriga a realizar tres limpezas en vez de unha ao día. Un servizo de limpeza que o Concello vén de adxudicar a Aspaber, cun contrato desenvolto antes da pandemia e que, actualizar, suporía un sobrecusto de 200.000€. A propia entidade recoñecía que é imposible asumilo “porque non temos persoal. Ao que nos comprometemos é a intentar adaptarnos e facer a limpeza da mellor maneira posible, utilizando produtos bactericidas, incidindo na ventilación... e procurando que exista unha boa canalización das suxestións ou queixas”, sinalou Dolores Fernández, presentante de Aspaber./p>

Así, o goberno local únese á solicitude da Fegamp para que a Xunta asuma o sobrecusto da limpeza dos centros directamente ou transferindo os fondos aos concellos; e denuncia ademais a tardanza de todo o proceso. “Non me parece lóxico estar falando disto a 31 de agosto”, engadiu Evencio Ferrero.

Información da Xunta

O propio alcalde denuncia a falta de transparencia da Xunta, e sinalou que “levamos semanas pedindo datos de incidencia da COVID-19 no noso concello e non os dan, exclusivamente, por estratexia de comunicación. Por lealdade institucional deberían falar cos concellos, non digo que falen con todos pero si coa Fegamp, porque os orzamentos elabóranse dun ano para outro e a finais do ano pasado ninguén podía prever isto”.

comentarios